Título

   Non era a miña intención dedicarme a idear e organizar actividades arredor do mundo da gastronomía, pero unha chamada a finais de 2006 cambiouno todo.

   En marzo de 2007 fun un dos compoñentes da expedición de Santiago de Compostela ao Forum Gastronomic de Xirona que acabaría  traendo o modelo a Galicia. Convertinme entón en asesor do Forum Santiago, primeiro, e do Forum Coruña despois.

   Iso foi so o comezo.

   Pouco despois integreime no equipo que, con Turismo de Santiago á fronte, idearía e executaría unha serie de actividades gastronómicas que convertirían a Compostela na capital galega da gastronomía e no referente de toda Galicia.

   En novembro de 2007 nacía o programa "Santiago Repetirás" e con el cinco meses de show cookings dos mellores cociñeiros galegos. Ata entón nunca o público galego tivera a oportunidade de ver cociñar en directo a tantos cociñeiros de primera fila e despois probar as súas elaboracións.

   Entre novembro e marzo pasaron polos talleres cociñeiros da talla de Marcelo Tejedor, Pepe Solla, Yayo Daporta, Beatriz Sotelo, Pedro Roca, Juan Crujeiras, Héctor López, Antonio Botana, Miguel Silvarredonda, Gonzalo Rei, Daniel Pulzoni, Jaume García...

   Un ano despois, para a segunda edición de Santiago Repetirás creei un modelo que rexistrou un enorme éxito: o "Merco e cociño". Os vinte asistentes fan a compra na praza de abastos acompañados dun cociñeiro de primeira fila para despois cociñar todos xuntos e degustar o cociñado. O modelo repetiríamolo no Forum Gastronómico con grande éxito de novo.

   Os asistentes aos Merco e cociño tiveron a oportunidade de compartir fogons con Pepe Solla, Marcelo Tejedor, Beatriz Sotelo, Iago Castrillón, Pedro Roca e Flavio Morganti. Seguro que aínda non esqueceron a experiencia.

   Naquel tempo naceu tamén a idea da "Aula de cultura gastronómica", que finalmente non chegou a bo porto, pero foron moitos os que aproveitaron, e aínda aproveitan, as ideas plasmadas no proxecto.

    Despois chegaría o concurso de tapas da cidade, Santiago(e)tapas, de tanto éxito e no que participei dende a primeira edición encargándome da selección e configuración do xurado.

    De xurados de concurso de tapas seino case todo. Poucas persoas haberá en Galicia que teñan tanta experiencia na materia coma min xa que aparte das sete edicións do Santiago(e)tapas teño participado como xurado en varias edicións dos concursos do Forum Gastronómico, tanto en Santiago como na Coruña, en Ribadeo, Lugo, Fene, Ferrol, Arzúa, Monterroso, Antas de Ulla, Palas de Rei, Vilalba ou nos organizados por la empresa Coca Cola,

   Polo medio participei na organización da exposición "Ao pé do lar", para o Forum Gastronómico de Santiago 2010.

   Con motivo do centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro formei parte do equipo de organización da campaña "A cociña galega con Cunqueiro" (Consello da Cultura Galega), entre outros actos de homenaxe ao autor mindoniense.

   Para o Forum Gastronómico de 2012 organicei unha sesión "Cine-cea", coa proxección da película "18 comidas" do galego Joge Coira e posterior cea con menú de Pedro Roca inspirado no filme. Na cea e posterior coloquio participaron o director da película e un dos protagonistas: Luis Tosar.

   Tamén para o Forum 2012 organicei unha sesión de homenaxe a Álvaro Cunqueiro, coa participación de algúns dos principais cociñeiros do momento.

 

Título

No era a mi intención dedicarme a idear y organizar actividades entorno al mundo de la gastronomía, pero una llamada a finales de 2006 lo cambió todo.

   En marzo de 2007 fui uno de los componentes de la expedición de Santiago de Compostela al Forum Gastronomic de Xirona que acabaría trayendo el modelo a Galicia. Me convertí entonces en asesor del Forum Santiago, primero, y del Forum Coruña después.

   Eso fue solo el comienzo.

   Poco despuéss me integré en el equipo que, con Turismo de Santiago al frente, idearía y ejecutaría una serie de actividades gastronómicas que convertirían a Compostela en la capital gallega de la gastronomía y en el referente de toda Galicia.

   En noviembre de 2007 nacía el programa "Santiago Repetirás" y con él cinco meses de show cookings de los mejores cocineros gallegos. Hasta entonces nunca el público gallego tuviera a oportunidad de ver cociñar en directo a tantos cocineros de primera fila y después probar sus elaboraciones.

   Entre noviembre y marzo pasaron por los talleres cocineros de la talla de Marcelo Tejedor, Pepe Solla, Yayo Daporta, Beatriz Sotelo, Pedro Roca, Juan Crujeiras, Héctor López, Antonio Botana, Miguel Silvarredonda, Gonzalo Rei, Daniel Pulzoni, Jaume García...

   Un año después, para la segunda edición de Santiago Repetirás creé un modelo que registró un enorme éxito: el "Merco e cociño". Los veinte asistentes hacen la compra en la plaza de abastos acompañados de un cocinero de primera fila para después cocinar todos juntos y degustar lo cocinado. El modelo lo repetiríamos en el Forum Gastronómico con gran éxito de nuevo.

   Los asistentes a los Merco e cociño tuvieron la oportunidad de compartir fogones con Pepe Solla, Marcelo Tejedor, Beatriz Sotelo, Iago Castrillón, Pedro Roca y Flavio Morganti. Seguro que aún non olvidaron la experiencia.

   En aquel tiempo nació también la idea del "Aula de cultura gastronómica", que finalmente no llegó a buen puerto, pero fueron muchos los que se aproveicharon, y aun se aprovechan, de las ideas plasmadas en el proyecto.

    Después llegaría el concurso de tapas de la ciudad, Santiago(e)tapas, de tanto éxito y en el que participé desde la primera edición encargándome de la selección y configuración del jurado.

    De jurados de concurso de tapas lo se casi todo. Pocas personas habrá en Galicia que tengan tanta experiencia en la materia como yo ya que aparte de las siete ediciones del Santiago(e)tapas participé como jurado en varias ediciones de los concursos del Forum Gastronómico, tanto en Santiago como en A Coruña, en Ribadeo, Lugo, Fene, Ferrol, Arzúa, Monterroso, Antas de Ulla, Palas de Rei, Vilalba o en los organizados por la empresa Coca Cola,

   Por medio participei en la organización de la exposición "Ao pé do lar", para el Forum Gastronómico de Santiago 2010.

   Con motivo del centenario del nacimiento de Álvaro Cunqueiro formé parte del equipo de organización de la campaña "A cociña galega con Cunqueiro" (Consello da Cultura Galega), entre otros actos de homenaje al autor mindoniense.

   Para el Forum Gastronómico de 2012 organicé una sesión "Cine-cena", con la proyección de la película "18 comidas" del gallego Joge Coira y posterior cena con menú de Pedro Roca inspirado en el filme. En la cena y posterior coloquio participaron el director de la película y uno de los protagonistas: Luis Tosar.

   También para el Forum 2012 organicé una sesión de homenaje a Álvaro Cunqueiro, con la participación de algunos de los principales cocineros del momento.

 

 

Fil Guadalajara