Xornalismo

   Dende 2012 son director da revista BenBo (Gastronomía atlántica feita in Galicia). Revista cuatrimestral sobre a gastronomía galega sen máis condicionantes que a calidade. A revista ten o seu reflexo diario na web e nas redes sociais.

  Ao mesmo tempo colaboro no programa Con Voz de Domingo (Radio Voz) co espazo BenBoísimo. (Domingos, de 11.40 a 12.00 horas. Escoitar directo online).

 

   Entre 2006 e 2012 colaborei na revista Origen con reportaxes sobre gastronomía galega. A revista gañou o Premio Nacional de Gastronomía 2014 á mellor publicación periódica en papel.

   Tamén entre 2006 e 2012 colaborei coa Cadena Ser de Galicia, co programa Arroz con chícharos e como colaborador do programa A vivir que son dos días Galicia.

   Nese período tamén fun o creador e responsable da web Galicia Gastronómica (Axencia Galega de Noticias, grupo El Progreso) nos anos 2006 e 2007.

   No diario El Progreso (Lugo) mantiven unha sección fixa semanal sobre gastronomía durante años.

   Durante un ano, entre 2004 e 2005, colaborei co programa Arrampla con todo (TVG) presentado por María Solar.

  Pero a miña carreira en Galicia comezou en 1996 na Radio Galega, como colaborador gastronómico do programa As tardes da galega, cun espazo titulado “A boa vida”. Esta colaboración mantívose durante nove anos, ata 2005.

  Nesa época tamén fixen a miña incursión na radio musical. Primeiro co programa “Son de la loma” en Radio Compostela, da cadea Radio España, en 1995-96. E despois con “Son de Cuba” na Radio Galega (1998-1999). Foron os primeiros programas dedicados á música tradicional cubana da radio española e contaron coa presenza de músicos da talla de Celia Cruz, Vieja Trova Santiaguera, Compay Segundo, Eliades Ochoa, Omara Portuondo...

   Mil novecentos noventa e catro foi o ano do cambio, trasladando a miña actividade profesional dende Madrid (onde me trasladara en 1976 a estudar xornalismo) a Galicia.

  Entre 1990 e 1994 dediquei o tempo fundamentalmente á comunicación corporativa. As publicacións de tipo gastronómico foron esporádicas nese período, e en diversos medios de comunicación.

  Con anterioridade, durante o período que vai de 1982 a 1990 estiven vinculado a unha editorial de revistas especializadas en temas agroalimentarios, o que me levou a ser director da revista Tría (1987-1990) e de Crónica Agrícola, Ganadera y Forestal (100.000 exemplares semanais, 1987-1988) e redactor xefe de España Agrícola y Ganadera (1982-1990).

  Nese período tamén me inicie no mundo da radio a través da emisora da Cadena Cope en Ribadeo. Daquela non paraba!.

  Comecei a miña carreira xornalística en 1979 en Hombres del Campo.

 

 

Periodismo

   Desde 2012 soy director de la revista BenBo (Gastronomía atlántica feita in Galicia). Revista cuatrimestral sobre la gastronomía gallega sin más condicionantes que la calidad. La revista tiene su reflejo diario en la web y en las redes sociales.

   Al mismo tiempo colaboro en el programa Con Voz de Domingo (Radio Voz) con el espacio BenBoísimo. (Domingos, de 11.40 a 12.00 horas. Escuchar directo online).

 

   Entre 2006 y 2012 colaboré en la revista Origen con reportajes sobre gastronomía gallega. La revista ganó el Premio Nacional de Gastronomía 2014 a la mejor publicación periódica en papel.

   También entre 2006 y 2012 colaboré com la Cadena Ser de Galicia, con el programa Arroz con chícharos y como colaborador del programa A vivir que son dos días Galicia.

   En ese período también fui el creador y responsable de la web Galicia Gastronómica (Axencia Galega de Noticias, grupo El Progreso) en los años 2006 y 2007.

   El el diario El Progreso (Lugo) mantuve una sección fija semanal sobre gastronomía durante años.

   Durante un año, entre 2004 y 2005, colaboré con el programa Arrampla con todo (TVG) presentado por María Solar.

   Pero mi carrera en Galicia comezó en 1996 en la Radio Galega, como colaborador gastronómico del programa As tardes da galega, con un espacio titulado “A boa vida”. Esta colaboración se mantuvo durante nueve años, hasta 2005.

   En esa época también hice mi incursión en la radio musical. Primero con el programa “Son de la loma” en Radio Compostela, de la cadena Radio España, en 1995-96. Y después con “Son de Cuba” en la Radio Galega (1998-1999). Fueron los primeros programas dedicados a la música tradicional cubana de la radio española y contaron con la presencia de músicos de la talla de Celia Cruz, Vieja Trova Santiaguera, Compay Segundo, Eliades Ochoa, Omara Portuondo...

   Mil novecientos noventa y cuatro fue el año del cambio, trasladando mi actividad profesional desde Madrid (donde me trasladara en 1976 a estudiar periodismo) a Galicia.

   Entre 1990 y 1994 dediqué el tiempo fundamentalmente a la comunicación corporativa. Las publicaciones de tipo gastronómico fueron esporádicas en ese período, y en diversos medios de comunicación.

   Con anterioridad, durante el período que va de 1982 a 1990 estuve vinculado a una editorial de revistas especializadas en temas agroalimentarios, lo que me llevó a ser director de la revista Tría (1987-1990) y de Crónica Agrícola, Ganadera y Forestal (100.000 ejemplares semanales, 1987-1988) y redactor jefe de España Agrícola y Ganadera (1982-1990).

   En ese período también me inicié en el mundo de la radio a través de la emisora de la Cadena Cope en Ribadeo. Entonces no paraba!.

   Comencé mi carrera periodística en 1979 en Hombres del Campo.